8 jul 2011

Indignados do 15M na Feira Medieval de Betanzos


Pregón Feira Medieval Indignada 2011

Os que dicen ser os nosos representantes,
 Nobres e Fidalgos,
e aqueles que dicen ser os represetantes
na terra de Deus noso Señor,
 chámannos a participar na Feira Franca
 que nas rúas e Prazas da nosa Vila,
 ano tras ano temos a ben celebrar.
Non veñen bós tempos para as festas,
 se as colleitas non foron boas,
 se falta traballo na nosa comarca,
 se aumentan os pagos de impostos
 para manter a tanta nobreza parásita como hai,
 aínda por riba atopamonos con xente acaudalada
 que ten puxado cantidades inxentes
 polos postos de mercadurías,
deixandonos a nós, labregos, artesáns,
 xente da vila e das terras limítrofes,
indignados e alporizados ante abandono tal
 na que nos teñen asoballados.
E nós, homes e mulleres de Betanzos,
 fartos de tanta promesa incumplida,
de tanto privilexio para uns poucos,
decidimos xuntarnos nunha Irmandade,
que poña freo a tanto desmán.
Eles non nos representan.
Representanse a eles mesmos,
 á súa vida de holganza e pecado.
Nós representamos o traballo, o pan,
as colleitas, a vida, o ceu prometido.
 Eles suben as obrigas,
 os impostos cos que pagamos as guerras,
e máis aínda, as cruzadas
que levan aos nosos mellores fillos
 a morrer no Oriente Próximo.
Nos somos despoxados das nosas terras,
 das nosas vivendas
que non podemos pagar.
Cando saímos fora dos muros de aquesta vila,
 somos asaltados polos camiños,
 non por bandidos famentos, como famentos somos nós.
 Somos asaltados por envíados dos Señores de Rapiña,
 dos Señores dos castelos
 que fan e desfán a seu antoxo
Cartos hai, para torneos,
cartos hai para enterros suntuosos,
 para espadas, para cruces e para festas
onde abondan caza e viño.
Pero cando demandamos millo para o noso pan,
 terras para as nosas hortas, auga para as nosas tinas,
 entonces as respostas son sempre: Non.
Non hai cartos.
 E se as palabras non bastan
non dubidan en castigarnos das maneiras máis humillantes
e pouco cristianas que un home poida concebir.
Non queremos ser homes e mulleres en mans de banqueiros e
Señores.
Non queremos que haxa deberes, se non hai dereitos.
Só queremos vivir, producir nas terras, pescar nun río limpo,
intercambiar os nosos productos
nunha feira franca de homes e mulleres libres.

 Non os necesitamos, a eles que nada producen.
Cos beneficios do noso traballo,
 abriremos escolas, leproserías,
refuxios de camiñantes e peregrinos, lavadoiros...
E que todo canto forasteiro veña
teña unha terra que traballar.

 Que as prazas e rúas
rezumen vida e alegría.
Que dentro dun século, de cinco, de dez,
os nosos descendentes
non sigan a ter as nosas necesidades.
 Que non haxa xa Señores nen vasalos.
Que a comuna sexa libre de Papas e Señores.
 Que non digan que non intentamos cambialo,
 que os tempos son chegados.

Abaixo o Señor! Abaixo todos os Señores!
Abaixo o Tirano! Abaixo todos os Tiranos!
Non nos representan!


Asamblea Indignada de Betanzos, #15 de Maio de 1379
asamblea.betanzos@gmail.com
www.asambleadebetanzos.blogspot.com
Tódolos venres ás 21:00h na praza do Concello

2 comentarios:

  1. El pregón es precioso. Enhorabuena!!! ;-)

    ResponderEliminar
  2. " E que todo canto forasteiro veña
    teña unha terra que traballar."
    En poco tiempo esto será una realidad vital debido al crecimiento de la demanda de petroleo y la escasez del mismo.Aunque lo hubiera,el coste de su extracción será mas costoso que el beneficio a obtener: no va a compensarnos...
    ¿que hacer para estar preparados?
    Acude a nuestras charlas en la UNIVERSIDAD POPUPAR 15M das Mariñas de Betanzos.
    Infórmate,decide por ti mismo y actúa.

    ResponderEliminar