Pouco tempo levamos como Movemento 15M, e pola contra, moitas son as accións que estamos desenvolvendo. Unha vez rematada a Feira medieval, onde xa deixamos ver que esto non ía parar, fixemos un roteiro ata o manantial de Bocelo no Mandeo. A nosa idea era limpialo pero non foi necesario xa que alguén se nos adiantou ( posiblemente os do 14M). Ben feito está.
O Roteiro valeunos para ter unha xornada de convivencia e comprobar que a pesares de haber unhas croquetas riquisimas, o reparto en igualdade é posible, e non tivemos necesidade de tirar a ninguén ao río, atado de pés e mans. A sociedade vai progresando como vedes.
Unha vez relaxados, e co traxe de faena, participamos na Protesta no Pleno de Cambre, esixindo solucións para un transporte adaptado para todos, tal e como fai tempo veñen solicitando as asociacións de discapacitados. Tamen estivemos presentes en Caranza para evitar un desaloxo dunha familia deste barrio ferrolán. Acción exitosa que logrou paralo.
Por outra banda seguimos a contar con caras novas en cada asemblea e pouco a pouco o 15M vai sendo un referente na nosa vila. Veciños e veciñas de Caraña nos fixeron chegar o problema que teñen desde que os "nosos representantes que non nos representan" seguen empeñados en deixar morres os camiños de sempre, e as pontes. Seguramente nos prometerán un AVE directo entre Caraña e o Campo, pero caseque preferiríamos un amaño desa ponte de madeira no Mandeo. Non é medieval pero da servicio, e como estas cousas pagamolas entre todos, pois que non estaría mal acordarse dela, agora que xa non hai eleccións.
Adeante!!!
ResponderEliminar